Queremos acompañarte na organización do teu evento en Galicia

Equipa é unha empresa dedicada ao alugueiro de cadeiras, mesas, tarimas para escenarios, valos e calquera outro tipo de recurso necesario na organización dun evento.

Ilustración 3D do simulando un puzzle coa letra E maiúscula, o logotipo de Equipa

Experiencia

Logo de quince anos traballando no sector cultural e da produción de espectáculos en Galicia propoñémonos colaborar con calquera entidade ou organización que organice un evento no noso país. Asesoramos e aconsellamos, e encargámonos de que o alugueiro dos recursos necesarios sexa a parte máis doada do traballo.

Formamos parte do grupo Ainé · Undodez, dúas das empresas máis recoñecidas no ámbito da produción de espectáculos de artes escénicas e da produción audiovisual en Galicia, que na última década teñen producido eventos de todo tipo para decenas de miles de persoas.

Queremos ofrecer un servizo de calidade: atento, puntual e rigoroso, que poña por diante a busca de solucións para calquera necesidade relacionada coa organización dun evento.