Todo o que precisas para o teu evento, aos prezos máis competitivos e con dispoñibilidade inmediata.
Somos Equipa
Alugamos todos os recursos necesarios para calquera tipo de evento en Galicia. Somos parte do grupo Ainé · Undodez, dúas das empresas líderes do sector cultural no noso país, con quince anos de experiencia.
Que precisas
para o teu evento?
Contamos cun dos maiores stocks de cadeiras e mesas de Galicia para calquera tipo de acto ou celebración.
As preguntas que nos fan sempre…
Depende do volume do pedido, porque ten moito que ver co transporte. Para que teñas unha referencia, o alugueiro dunha cadeira non baixa de 1 €, pero tampouco debera subir de 2 €. O mellor que podes facer é chamarnos, e vemos o caso concreto.
Sempre. Contamos con vehículos e persoal para levar o que nos pidas ata calquera lugar de Galicia. Tamén ofrecemos servizos de montaxe.
Traballamos con tarimas de 200 x 100 cm., con patas fixas de diferentes alturas. Quedan suxeitas entre si para facer un escenario de calquera tamaño.
Non dubides en dicilo! Podemos encargarnos tamén desa parte do evento, e aconsellarvos sobre os medios que mellor se adaptan ao qu precisades.





